¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Fundación

A Asociación Rianxeira de Empresarios foi fundada no mes de xaneiro de 1988 co fin principal de representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus asociados.

No ano 2005, aproveitando a agrupación de empresarios xa existente, fundouse o CCA de Rianxo Comercio Unido, dependente da anterior, e no que se incluíron os establecementos asociados pertencentes aos sectores do comercio, a hostalería e dos servizos.

 

Obxectivos

O obxectivo fundamental do CCA é o de promocionar e revitalizar ditos sectores mediante a mellora e a modernización dos mesmos, co fin de acadar unha calidade óptima dos seus servizos, fidelizar aos seus clientes e converterse nun espazo comercial e de ocio para o goce destes. Todo isto repercutirá de xeito positivo no desenvolvemento económico dos citados sectores, e por ende, no do propio Concello de Rianxo.

Vantaxes de ser asociado

Asociarse á ARE ofrece numerosas vantaxes, entre as máis destacadas:

  • Formación sectorial
  • Información de subvencións e axudas
  • Convenios con entidades
  • Información periódica sobre lexislación
  • Campaña de comercio de Nadal
  • Campaña de comercio Día da Nai
  • Difusión e visibilidade dos asociados a través das redes sociais e desta mesma web.
  • Follas de reclamación gratuitas.


A UNIÓN FAINOS MÁIS FORTES!

Podes solicitar información a través do seguinte formulario: