O rexistro e a descarga dos bonos suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme ao Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais de garantía dos dereitos dixitais, da cal serán informados convenientemente.
Reservarase unha parte dos bonos para poñelos a disposición, en formato físico, de persoas maiores e/ou con dificultades para acceder aos bonos virtuais. As persoas que vaian solicitar estes bonos físicos deberán autorizar expresamente aos encargados da súa distribución para que realicen os trámites necesarios.