1.- O prazo de adhesión será de 15 días hábiles dende o día seguinte á data da publicación destas bases no BOP.
2.- A adhesión realizarase telematicamente a través do formulario publicado a través desta mesma sección, a través do cal se poderá presentar toda a documentación esixible.
3.- O usuario pode descargar toda a información relativa ao programa así como tamén as bases legais e os modelos normalizados necesarios: Anexo I Solicitude de adhesión e Anexo II Ficha de terceiros.
4.- No caso de que a empresa teña a forma de persoa xurídica, a solicitude deberá presentala e asinala unha persoa física con poder de representación suficiente que deberá achegar coa solicitude.
5.- Xunto cos Anexo I e II deberá presentarse ademais a seguinte documentación:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Certificados de estar ó corrente coa Administración Autonómica, AEAT e coa Seguridade Social.
6.- A persoa autónoma ou PEME poderá adherir a máis dun establecemento comercial dos que sexa titular, sempre que se atopen en locais distintos.
7.- Non se admitirán nin se terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas anteriores condicións nin coa forma establecida nesta convocatoria.
8.- A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) entregará as solicitudes completas ao concello, indicando cales reúnen os requisitos esixidos e cales no, co fin de que a Alcaldía resolva as ditas solicitudes. Os establecementos aos que se lles aceptase a súa solicitude de adhesión publicaranse na páxina web municipal e na web da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE).