¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 


COMERCIANTES

15.000 euros para a emisión de 500 paquetes de bonos de 30€

 

Esta iniciativa do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ten como obxectivo incentivar o consumo nos establecementos locais para a venda de produtos e oferta de servizos reforzando a competitividade do sector. Conta con 15.000 euros para a emisión de 500 paquetes de bonos, os cales poderán empregarse ata o 30 de xuño de 2022, rematada esta data os bonos non trocados caducarán.

 

As características dos Bonos RIANXO son as seguintes:

1. Cada lote de bonos terá un valor de 30€ que irán fraccionados en 2 bonos de 10€ e 2 de 5€. Os bonos de 10€ poderán descontarse en compras iguais ou superiores a 30€ e os bonos de 5€ en compras iguais ou superiores a 15€ nos establecementos adheridos a esta convocatoria.

2. Só poderán solicitar bonos as persoas maiores de idade cun límite máximo dun lote de bonos por persoa.

3. O importe de cada lote de bonos poderá gastarse nunha única transacción ou fraccionadamente segundo as condicións indicadas no punto 1.

4. No caso de que se produza unha devolución do produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, non sendo posible a devolución en efectivo.

REQUISITOS

· · ·

Poderán adherirse a esta campaña tanto as persoas físicas como as persoas xurídicas que cumpran os seguinte requisitos:

1.-  Que teñan a súa actividade en Rianxo e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

2.- Que sexan persoas traballadoras autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión do 17 de xuño.

3.- Que dispoñan de un ou varios establecementos abertos ao público no Concello de Rianxo para a venta ao por menor de produtos ou a oferta de servizos.

4.- Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5.- Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias coa facenda estatal, autonómica e a do Concello de Rianxo e coa Seguridade Social.

 

 

PROCEDEMENTO DE ADHESIÓN

· · ·

A continuación descríbense os requisitos para a adhesión dos establecementos á campaña Bonos Rianxo:


1.-
O prazo de adhesión será de 15 días hábiles dende o día seguinte á data da publicación destas bases no BOP.

2.- A adhesión realizarase telematicamente a través do formulario publicado a través desta mesma sección, a través do cal se poderá presentar toda a documentación esixible.

3.- O usuario pode descargar toda a información relativa ao programa así como tamén as bases legais e os modelos normalizados necesarios: Anexo I Solicitude de adhesión e Anexo II Ficha de terceiros.

4.- No caso de que a empresa teña a forma de persoa xurídica, a solicitude deberá presentala e asinala unha persoa física con poder de representación suficiente que deberá achegar coa solicitude.

5.- Xunto cos Anexo I e II deberá presentarse ademais a seguinte documentación:

       a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

       b) NIF da entidade solicitante.

       c) DNI ou NIE da persoa representante.

       d) Certificados de estar ó corrente coa Administración Autonómica, AEAT e coa Seguridade Social.

6.- A persoa autónoma ou PEME poderá adherir a máis dun establecemento comercial dos que sexa titular, sempre que se atopen en locais distintos.

7.- Non se admitirán nin se terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas anteriores condicións nin coa forma establecida nesta convocatoria.

8.- A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) entregará as solicitudes completas ao concello, indicando cales reúnen os requisitos esixidos e cales no, co fin de que a Alcaldía resolva as ditas solicitudes. Os establecementos aos que se lles aceptase a súa solicitude de adhesión publicaranse na páxina web municipal e na web da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE).

Formulario ARE-Bonos