A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) asinou un convenio de colaboración coa avogada Zaida Carou Gómez. Este convenio presenta unha serie de vantaxes exclusivas para os nosos socios, deseñadas para brindar asistencia legal de calidade e tarifas preferenciais.
Vantaxes para os Socios de ARE:
- Primeira Consulta a un Prezo Reducido: A Avogada Zaida Carou Gómez ofrece aos nosos socios a súa primeira consulta a un prezo excepcional de 20€. Esta é unha oportunidade ideal para abordar as súas inquedanzas legais e obter orientación dunha profesional altamente cualificada sen preocuparse por custos iniciais elevados.
- Desconto do 15% en Aranceis Oficiais: Os socios de ARE gozarán dun desconto do 15% nos aranceis oficiais establecidos polo Colexio de Profesionais ao que pertence a Avogada Zaida Carou Gómez. Este beneficio garante un acceso a servizos legais de alta calidade a prezos máis asequibles.
- Reclamación de Impagos: Como parte deste convenio, a Avogada Zaida Carou Gómez ofrecerá servizos de reclamación de impagos, con fases de recobro amigables e reclamación xudicial de impagos. Estamos comprometidos en axudar os nosos socios a protexer os seus intereses legais.
SE XA ERES ASOCIADO NON AGARDES MÁIS PARA BENEFICIARTE DESTE CONVENIO
SE AÍNDA NON ESTÁS ASOCIADO: Asóciate agora!