A Asociación Rianxeira de Empresarios nace en xaneiro de 1988 co obxectivo de representar, defender e promover os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais do tecido empresarial de Rianxo.
Dende a súa creación, a asociación traballa para fortalecer a economía local, actuando como voz colectiva do empresariado e fomentando a colaboración, a innovación e a adaptación aos cambios do entorno empresarial.
No ano 2005 créase o CCA Rianxo Comercio Unido, integrando comercio, hostalería e servizos baixo unha mesma estrutura para impulsar a dinamización económica e comercial da vila.
Co obxectivo de facilitar a transformación dixital dos negocios locais, en 2020 ponse en marcha Mercarianxo.gal, un marketplace que permite vender online sen investimento inicial. En 2023 lánzase a app Máis Rianxo, unha ferramenta de fidelización que promove o aforro, incentiva o consumo local e reforza o vínculo entre empresas e clientela.
A asociación promove tamén formación, asesoramento, información normativa, campañas de dinamización comercial, convenios con servizos profesionais e accións de promoción para impulsar o crecemento e a competitividade das empresas asociadas.