Motivados polos tempos que estamos a vivir, impulsamos unha plataforma de venda para empresarios de Rianxo. A través de MERCARIANXO os comercios poden poñer á venda os seus produtos de forma rápida, sinxela e sen ter que realizar ningún investimento.
Esta plataforma permitirá de maneira fácil poñer produtos á venda, destinados tanto a un público local como a un ámbito nacional, permitindo recoller os pedidos na propia tenda física, realizando repartición local dentro dos límites do concello de Rianxo ou enviándoos a calquera punto do territorio nacional mediante mensaxería privada.
Cada empresa contará coa súa propia área privada onde administrar os seus produtos, consultar as vendas e a facturación, establecer os custos dos seus propios envíos, etc.