A ARE resultou beneficiaria dunha axuda da Consellería de Economía, emprego e industria a cargo do programa para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situación conxunturais provocadas polo escenario económico do Covid-19
Esta axuda, financiada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 vainos permitir contar, durante 8 meses, cunha persoa que se adicará a asesorar aos asociados da ARE que entren a formar parte de mercarianxo.gal.
O asesoramento que esta persoa prestará aos asociados estará enfocado á dixitalización das súas empresas a través da súa participación en mercarianxo.gal. Ademais tamén asesorará en materias como o marketing dixital, o bo uso e aproveitamento das redes sociais ou a utilidade de ferramentas diversas como, por exemplo, Google My Business ou Google Analytics.