O espírito do Nadal chega un ano máis a Rianxo da man da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), que pon en marcha a súa tradicional Campaña de Nadal 2025, unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local, premiar a fidelidade da clientela e encher as rúas de ilusión nestas datas tan especiais.
Durante toda a campaña, que se desenvolverá entre o 15 de decembro de 2025 e o 5 de xaneiro de 2026, todas as persoas que merquen nos negocios asociados poderán participar nos sorteos semanais de vales de compra de ata 100 €. Cada tícket rexistrado supón unha nova oportunidade de gañar, polo que comprar no comercio de proximidade nunca foi tan ilusionante.
Para facilitar a participación, a ARE habilitará varios puntos informativos e de rexistro de tíckets nos diferentes núcleos do concello, xunto con actividades que farán as delicias dos máis pequenos:
-
Elfos de Papá Noel visitando os establecementos os días 22 e 23 de decembro.
-
Visita de Papá Noel e posto de chocolate o 24 de decembro (Pazo de Martelo).
-
Paxes Reais repartindo lambonadas e acompañando os postos de rexistro os días 2 e 3 de xaneiro.
-
Visita de Paxes Reais e posto de chocolate o 4 de xaneiro (Pazo de Martelo).
Estas accións buscan non só facilitar o rexistro, senón tamén crear ambiente festivo, impulsar as compras locais e reforzar a conexión entre o comercio e a veciñanza.
Os premios —vales de 100 € e 50 €— deberán recollerse antes do 15 de xaneiro de 2026 e poderán utilizarse nos negocios asociados ata o 28 de febreiro de 2025, unha oportunidade perfecta para seguir apoiando ao tecido empresarial da vila tamén tras as festas.
Dende a ARE animamos a toda a cidadanía a sumarse á campaña, desfrutar das actividades e, sobre todo, a escoitar a maxia do Nadal mercando no comercio local, ese que nos coñece polo nome, que crea emprego e que mantén vivo o corazón de Rianxo.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.