Despide o verán con nós nunha festa cargada de diversión, risas e entretemento para todas as idades.
- Pasacalles con Os Bolechas: Os Bolechas percorrerán as rúas de Rianxo a procura de nenos e nenas aos que sacarlles sorrisos e cos que facerse fotos.
- Inchables para todos: Os máis pequenos terán a oportunidade de saltar, xogar e divertirse nos nosos inchables. Un mundo de aventuras agárdalles!
- Talleres Creativos: Os nosos talleres infantís ofrecerán un espazo para a creatividade e a aprendizaxe, cunha variedade de actividades para os pequenos artistas.
- Karaoke Divertido: A música encherá cun ambiente festivo. Todos son benvidos a subirse ao escenario e deixar soar as súas voces no noso karaoke.
A tarde promete ser inesquecible, repleta de momentos especiais que compartir con amigos e familia. Así que apuntade a data na vosa axenda e unídevos a nós para unha festa que non queredes perder!
¡Esperámosvos o 26 de agosto ás 19:00 na Praza de Castelao para celebrar xuntos o remate do verán en grande!