Esta primavera, comprar no comercio local ten premio. O vindeiro venres 25 de abril, celebramos en Rianxo a campaña Premi-ARE, unha iniciativa organizada pola Asociación Rianxeira de Empresarios co obxectivo de impulsar o consumo nos negocios locais e agradecer a confianza da clientela cunha xornada chea de premios, actividades e diversión para todas as idades.
Ao longo de todo o día, os establecementos participantes sorprenderán con agasallos, descontos especiais e accións únicas. Ademais, aquelas persoas que realicen algún gasto, entre o 21 e o 25 de abril, nalgún dos negocios asociados da ARE, poderán participar no panel PREMI-ARE e levar un premio seguro.
📍 Paseo da Ribeira – de 18:00 a 21:00 h
Só precisas presentar un tícket de compra realizada entre o 21 e o 25 de abril nalgún dos socios da ARE para participar. Escolle unha flor do panel e descubre o teu premio!
🎁 Premios dispoñibles: mochilas, botellas reutilizables, bolsas ecolóxicas e vales de compra para seguir apoiando o noso comercio.
Actividades para toda a familia.
👧 Inchables – Xardíns da Martela (17:00 a 20:00 h)
🎩 Espectáculo do Mago Antón Noriega – Campo de Arriba (20:15 a 21:15 h)
Queremos invitar a toda a veciñanza de Rianxo a mercar no comercio local e participar na campaña. Cada compra que fas nos nosos negocios axuda a fortalecer a economía da vila, a manter vivo o tecido comercial e a construír un futuro con máis oportunidades para todos e todas.
Agardámoste este 25 de abril para celebrar xuntos a primavera, apoiar os negocios locais e desfrutar dunha xornada chea de vida, cor e ilusión.
BASES LEGAIS