¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312   Asóciate xa
Canal ético

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

Colabora con nós doando!

 
 
 

 

Concello de Rianxo, Piscina Municipal (Beone) e ARE solicitan a implicación de toda a veciñanza para colaborar con Cáritas Rianxo de cara ás vindeiras festas de Nadal. Esta colaboración tamén beneficiará aos negocios locais mercando neles os artigos a doar o que redundará positivamente na economía da vila. O Concello de Rianxo, Piscina Municipal (Beone) e Asociación Rianxeira de Empresarios poñen en marcha esta iniciativa coa finalidade de axudar a Cáritas Rianxo, unha entidade que traballa arreo e de xeito desinteresado por todos aqueles que o precisan.

A pandemia da Covid 19 afectounos a todos por igual en moitos aspectos pero a situación económica provocada por esta está causando grandes dificultades, sobre todo a familias que xa tiñan carencias e que agora as ven acrecentadas pola subida dos prezos da luz, dos combustibles e dos produtos de primeira necesidade. Ao longo deste ano todos fomos testigos das chamadas de axuda dos bancos de alimentos que vían, día a día, como medraba o número de familias que pedían axuda para poder comer. Tamén somos conscientes de que os negocios locais tiveron que facer un gran esforzo para saír adiante afrontando os seus gastos habituais cuns ingresos que minguaron debido ao confinamento da poboación, aos peches decretados, ás cuarentenas...

 Por todo isto e de cara ás vindeiras festas de Nadal, queremos convidar a tódolos rianxeiros e rianxeiras a que fagan algunha aportación, por moi pequena que sexa, para colaborar con nós e con Cáritas Rianxo na súa labor. E lembramos que poden axudar por partida dobre mercando os artigos que doen no establecementos locais de Rianxo. Artigos que se precisan:

  • ROUPA DE 2ª MAN OU NOVA.- Cáritas Rianxo ten un contedor destinado á recoller roupa de 2ª man na súa sede social (Casa do Cura) situada na Rúa Hospital. A roupa de 2ª man que se doe debe estar limpa e nun estado de conservación axeitado para o seu uso.
  • XOGUETES NOVOS E OUTROS AGASALLOS VARIOS: Agradecerase a doazón de xoguetes novos para crianzas de diferentes idades, libros, artigos de papelería e calquera outro artigo susceptible de servir de agasallo. Evitar artigos bélicos ou sexistas.
  • ALIMENTOS NON PERECEDOIROS E OUTROS PRODUTOS VARIOS: Solo se recolleran alimentos que non precisen refrixeración para a súa conservación. Tamén se recollerán produtos de limpeza e aseo persoal. Evitar produtos con envases fráxiles.
  • DONATIVOS A CÁRITAS RIANXO: Estas doazóns poderá empregalas Cáritas para mercar alimentos perecedoiros e cubrir necesidades máis puntuais e específicas. Aínda que o espírito do Nadal adoita facernos máis dadivosos, lembramos que este tipo de donativos son necesarios todo o ano e poden realizarse por medio dos métodos que Cáritas establece de xeito habitual ou mediante ingresos nas súas contas bancarias:

ABANCA ES11 2080 0310 5930 0011 8053            LA CAIXA ES58 2100 4694 9101 0023 1799

Desde hoxe e hasta o vindeiro 20 de decembro as doazóns de artigos poderán deixarse nos 3 puntos de recollida establecidos (ver información nos carteis axuntos). Lembramos tamén que Cáritas Rianxo precisa de axuda constante e que se pode seguir colaborando coa entidade ao longo de todo o ano.