¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312   Asóciate xa
Canal ético

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

Consulta telemática das cotas de autónomo

 
 
 

 

Un novo servizo da Tesourería Xeral da Seguridade Social permite que os traballadores incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) poidan consultar mensualmente a cota que se lles vai cargar na súa conta bancaria o último día hábil de cada mes.

As persoas traballadoras autónomas poderán consultar a cota correspondente a cada mes a partires do día 26 do mesmo. Do mesmo xeito poderán consultar tamén as eventuais liquidacións complementarias que lle poidan corresponder e que serán cargadas xunto coa cota de autónomos.

O acceso ao servizo realízase desde a Sede Electrónica da Seguridad Social, pulsando en ”Cidadáns”, despois en ”Cotización” e finalmente elixindo ”Consulta de recibos emitidos para o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA)”. Para acceder ao servizo é necesario contar con certificado electrónico, Cl@ve ou algún outro sistema de identificación aceptado pola Sede Electrónico da Seguridade Social.

Máis información aquí.