¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312   Asóciate xa
Canal ético

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

Próxima convocatoria de eleccións á Presidencia

 

 

Rianxo, 28 de xuño de 2023

 

 

Estimados socios e socias,

 

Saúdovos cordialmente e comunícovos que, en breve, se van convocar eleccións á presidencia da ARE.

Desde a ARE, tanto os meus predecesores coma min, traballamos a prol do conxunto de socios e socias poñendo en marcha proxectos e actividades destinados a acadar melloras e vantaxes comúns.

Así, nestes momentos hai asinados diversos convenios cos que os socios se poden beneficiar de prezos vantaxosos na contratación de servizos varios, algúns deles obrigatorios para o cumprimento de lexislación vixente.

Están tamén en marcha proxectos como mercarianxo.gal, APP Máis Rianxo e a próxima instalacíón dunha pantalla led para a promoción e difusión dos negocios asociados e das actividades promovidas pola ARE.

A convocatoria de eleccións á presidencia da ARE é a oportunidade de seguir sumando e aportando a este proxecto colectivo e facelo mellorar e medrar.

Convídovos a todos e todas a que valoredes a posibilidade de presentar candidatura e continuar traballando a prol dos negocios locais e o seu desenvolvemento.

 

Un cordial saúdo

 

 

José Manuel Regueira Vázquez

Presidente