De cara a estas festas de Nadal pedimos a tódolos rianxeiros prudencia, cautela e responsabilidade.
Podemos seguir coa nosa vida “normal”, mercando e consumindo nos negocios locais, pero respectando e extremando en todo momento as medidas preventivas decretadas polas autoridades sanitarias co fin de asegurar a nosa propia saúde e a de todos aqueles que nos son próximos.
Solo deste xeito poderemos manter unha incidencia de contaxios baixa e evitar que se apliquen en Rianxo medidas moito máis severas como as que están a afectar a algúns dos nosos veciños.
Actuemos todos con responsabilidade polo ben común.
Máis info.
Como actuar no caso de ter síntomas AQUÍ.
Toda a información relativa ao Covid-19 AQUÍ.
Información actualizada sobre as restriccións nos distintos concellos de Galicia AQUÍ.