Repartiranse ata 90.000 tarxetas rasca entre as que se inclúen 9.000 tarxetas premiadas. Cada establecemento determinará as condicións para o reparto das tarxetas rasca entre os seus clientes e ditas condicións sinalaranse co correspondente cartel informativo.
Os clientes que reciban algunha tarxeta rasca polas súas compras ou consumicións deberán comprobala no momento e, no caso de resultar agraciado, faráselle entrega inmediata do premio correspondente.
No caso de que a tarxeta rasca non conteña premio, o seu posuidor poderá participar no sorteo de vales de compra cumprimentando o seu nome e teléfono na tarxeta rasca e depositándoa nalgunha das urnas habilitadas a tal efecto nos establecementos asociados adheridos á campaña.
O sorteo consistirá na extracción ao azar de unha tarxeta rasca por cada premio a sortear. No momento do sorteo invalidaranse aquelas tarxetas cuxos datos sexan ilexibles. Extraeranse 3 tarxetas rascas suplentes.
Consulta as bases AQUÍ.