Entre o 18 de xullo e o 10 de agosto, premiamos a túa fidelidade ao comercio local coa campaña “Máis Rianxo: Merca, Suma e Gaña!”.
Só tes que descargar a app Máis Rianxo, rexistrarte como usuario/a e realizar todas as compras bonificadas que queiras nos establecementos adheridos durante esas datas indicadas.
Cada compra rexistrada será unha participación no sorteo de 4 vales de 50 € en saldo extra, que se ingresarán directamente na túa conta da app para seguir mercando no comercio de proximidade.
Máis compras, máis opcións de gañar.
Súmate, apoia o comercio local e consigue un dos premios que sorteamos!
👉 Consulta as bases completas nesta ligazón: [Ligazón ás bases]