¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312   Asóciate xa
Canal ético

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

Mercar na túa vila ten premio!

 
  • A Federación de Profesionais e Pequenos Empresarios Rías Baixas organiza unha campaña de promoción comercial de nadal co obxectivo de premiar aos clientes que realicen as súas compras nos comercios asociados a algunha das asociacións que forman parte da Federación, neste caso a ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios).
  • A campaña desenvolvese do 15 de decembro de 2021 ao 9 de xaneiro de 2022, neste periodo os clientes deben rexistrar tíckets ou facturas de calquera das empresas asociadas mediante a aplicación instalada na web da Federación Rías Baixas (federacionriasbaixas.com). 
  • Queda prohibida a participación dos titulares dos negocios na campaña. Cada rexistro correcto será unha participación no sorteo.
  • No caso da ARE o premio consistirá en 12 vales de compra de 50 euros. Os vales soamente se poderán empregar para mercar nos establecementos participantes na campaña, sen posibilidade de cambiarse por cartos nin de facer devolucións en efectivo. 
  • A Federación Rías Baixas contactará cos premiados e difundirá os mesmos tanto na web como nas redes sociais. Os gañadores serán elexidos mediante sorteo, o cal se realizará o 10 de Xaneiro do 2022.
  • A participación na campaña supón a aceptación das bases así como a autorización dos premiados aos efectos de publicidade dos resultados da campaña.A organización resérvase o dereito de modificar as presentes bases, sen incorrer en ningunha responsabilidade.