¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312   Asóciate xa
Canal ético

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

Na ARE celebramos o Dia Mundial do Medio Ambiente

 
 
 

O ser humano é á vez obra e artífice do medio que o rodea, o cal lle dá o sustento material e bríndalle a oportunidade de desenvolverse intelectual, moral, social e  espiritualmente. Na longa e  tortuosa evolución da especie humana neste planeta chegouse a unha etapa en que, grazas á rápida aceleración da ciencia e a tecnoloxía, as persoas adquiriron o poder de transformar, de innumerables maneiras e nunha escala sen precedentes, canto as rodea.

As Nacións Unidas, conscientes de que a protección e a mellora do medio humano é unha cuestión fundamental que afecta o benestar dos pobos e ao desenvolvemento económico do mundo enteiro, designaron o 5 de xuño "Día Mundial do Medio Ambiente".

A celebración deste día bríndanos a oportunidade de ampliar as bases dunha opinión pública ben informada e dunha conduta dos individuos, das empresas e das colectividades inspirada no sentido da súa responsabilidade en canto á conservación e a mellora do medio. Este día foi gañando relevancia desde que comezou a celebrarse en 1974 e, agora, é unha plataforma mundial de divulgación pública con ampla repercusión en todo o globo.

O país anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente, onde teñen lugar as celebracións oficiais, varía anualmente. Este ano é China.