¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312   Asóciate xa
Canal ético

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

Como actuar no caso de síntomas Covid

 
 
 

Limitacións de entrada e saída do Concello.- Restrínxese a entrada e saída do Concello de Rianxo agás para desprazamentos debidamente xustificados e motivados por:

  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
  • Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamentos a entidades financeiras e de seguros ou establecementos de servizo en territorios limítrofes.
  • Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  • Renovación de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Restricións ás agrupacións de persoas.- A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado está condicionada a que non se supero o número máximo de 4 persoas, agás no caso de persoas convivintes.

Hostalería e restauración.-

  • O interior dos establecementos permanecerá pechado ao público.
  • Terrazas co aforo limitado ao 50%.
  • Hora de peche ás 17:00 horas.
  • Poderase seguir ofrecendo o servizo de recollida no local e o envío a domicilio.

 

Comercio.-

  • Aforo limitado ao 50%.
  • Zonas infantís e ludotecas pechadas.

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS NOITEBOA E NADAL

Desde as 00:00 horas do 23 de decembro e as 23:00 horas do 25 de decembro, permítense os movementos de entrada e saída dentro dos concellos pechados perimetralmente para a realización de encontros familiares.

Encontros familiares:

  • Recoméndase que os encontros se limiten á unidade de convivencia.
  • No caso de encontros familiares entre dúas unidades de convivencia non se poderá superar o número de 10 persoas.
  • No caso de encontros familiares entre máis de dúas unidades familiares limitaranse a un máximo de 6 persoas e non se computarán os menores de 10 anos. En todo caso, respectándose a limitación máxima de 10 persoas.

En Noite Boa, a hora de comezo de limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno amplíase ata a 1:30 horas unicamente para o regreso ao domicilio.

Publicacións no Doga AQUÍ

Información sobre as restricións por concellos AQUÍ

Resumo das restricións aplicables no Nivel máximo AQUÍ

Sexamos responsables polo ben común.

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar