¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312   Asóciate xa
Canal ético

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es
Xunta directiva ARE

Nova xunta directiva da ARE

 

Conchi Martínez Quintáns, a responsable do bar O Costillar, asume a presidencia da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) nun momento de renovación e cambio. Foi elixida nas eleccións do 4 de setembro e encabeza un equipo plural e inclusivo, que inclúe tanto individuos con ampla experiencia empresarial como xóvenes emprendedores con ideas frescas e perspectivas innovadoras. A ARE busca así combinar a sabedoría acumulada coa enerxía e a creatividade das novas xeracións para impulsar o futuro dos negocios en Rianxo.

A recén formada xunta directiva, que se reuniu por primeira vez tras as eleccións hai algunhas semanas, reflicte a diversidade do empresariado local, xa que está composta por representantes de diversos sectores. Traballarán da man de Conchi Martínez, e o equipo directivo inclúe:

  • Adrián García (propietario da tenda A Moreniña) como vicepresidente
  • Cristina Muñiz (asesora financeira) como secretaria
  • Francisco Alcalde (Bandín Audio) como tesoureiro
  • Os voceiros son Martín Rañó (Rotularama), José Manuel Regueira (Regueira Vázquez Asesores) e Raquel Figueira (bar Nova Era).

En nome do equipo, Conchi Martínez fixo un chamamento á unidade do tecido empresarial rianxeiro. Nas súas palabras, "Estamos aquí para escoitarche, apoiarche e traballar xuntos na consecución dos nosos obxectivos empresariais. Aos socios anímovos a facernos chegar as vosas inquedanzas, problemas e necesidades, así como calquera proposta e ideas. 

Ademais, convidamos a todos os negocios do municipio a sumarse á ARE: "Xuntos podemos construír un futuro máis sólido e próspero".  ASOCIÁTE A ARE.