Publicada no Doga a Orde que regula as medidas Covid aplicables desde o sábado 25 de setembro.
Rianxo segue no nivel de restricións medio-baixo (letra D do anexo II) cuxas medidas se poden consultar AQUÍ.
Algunhas das novidades que recolle a Orde:
- En canto á realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais, congresos e outros eventos, incluídas as reunións de comunidades, o aforo máximo no caso de Rianxo será do 75% como máximo. Este aforo do 75% é para os Concellos recollidos nas letras B, C e D do anexo da orde. Para os recollidos na letra A o aforo será do 50%
- Centros de lecer infantil.- Deberán cumprir o protocolo aprobado pola Orde 30 de xuño de 2020 pola que se establece a actividade dos centros de lecer infantil e apróbase o Protocolo en materia de lecer infantil para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, coas especialidades que a continuación se establecen:
- Nos concellos indicados na letra A de o anexo II non se poderán desenvolver actividades no interior dos centros de lecer. Aqueles establecementos que dispoñan de terraza ou xardín exterior poderán utilizala para actividades dirixidas e talleres, cun aforo máximo do 50 %, e en grupos dun máximo de dez nenos/as por grupo. Os nenos/ as dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.
- Nos concellos indicados nas letras B, C e D do anexo II, os centros de lecer infantil poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade máxima do 75 % e unha cociente dun monitor por cada dez participantes. Os grupos serán de dez nenos/ as nas actividades tanto no interior como no exterior. Os nenos/ as dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.