A ARE asina un novo convenio de colaboración con novas vantaxes para os seus asociados.
Coa sinatura deste convenio a avogada Zaida Carou Gómez pasa a ser colaboradora da ARE aportando os seus coñecementos no ámbito da avogacía e, especialmente, no ámbito contractual e mercantil.
O convenio ten unha vixencia inicial dun ano e recolle a primeira consulta a un prezo reducido e un desconto do 15% sobre o arancel oficial do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. Estas vantaxes aplicaranse tanto para consultas relacionadas coa actividade profesional do interesado como para consultas relativas ao ámbito civil ou penal.
Outro servizo incluído no convenio é o de reclamación de impagos. Zaida Carou estudará cada caso particular xunto co socio interesado e a reclamación poderase levar a cabo por vía amistosa ou xudicial. Para este servizo tamén se inclúen no convenio descontos respecto á tarifa oficial.
Queres beneficiarte desta e doutras vantaxes? Faite socio.