SUSPENSIÓN DE ALGUNHAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CON OBRAS
Orde SND/340/2020, de 12 de abril, pola que se suspenden determinadas actividades relacionadas con obras de intervención en edificios existentes nas que exista risco e contaxio polo COVID-19 para persoas non relacionadas con dita actividade.
Esta suspensión aplícase a tódalas obras nas que os traballadores poidan coincidir con persoas non relacionadas coa execución dos traballos (residentes ou usuarios do edificio). Si se poderán realizar obras en edificios que, polas súas características, permitan separar totalmente a zona en obras do resto do edificio de xeito que os traballadores non poidan ter ningunha interacción coas persoas alleas á obra. Tamén se poderán levar a cabo traballos puntuais para realizar reparacións urxentes de avarías en instalacións de agua, gas, electricidade… e as tarefas necesarias de vixilancia de obras.
Esta suspensión prevese durante todo o período do estado de alarma e as súas prórrogas.
En todo caso haberá que cumprir coas recomendacións preventivas indicadas e as empresas deberán poñer a disposición dos seus traballadores o material de protección necesario para non incumprir a normativa relativa á Prevención de Riscos Laboral.
CONSECUENCIAS DE NON CUMPRIR COAS MEDIDAS PREVENTIVAS
Hai que lembrar que, segundo as medidas adoptadas polo Goberno, os períodos de illamento ou contaxio por COVID-19 das persoas traballadoras serán considerados, con carácter excepcional, situación asimilada a accidente de traballo.
A Lei da Seguridade Social establece que as enfermidades que contraia o traballador pola realización do seu traballo, sempre que se probe que tivo lugar por causa exclusiva da execución do mesmo, son accidente laboral.
Esta mesma Lei indica, ademais, que no caso de que a empresa non aplicase as medidas necesarias para garantir a seguridade dos traballadores, esta deberá facer fronte aos recargos de entre un 30 e un 50€ da prestación correspondente, así como tamén ás indemnizacións por falecemento e outras similares establecidas para os accidentes de traballo convencionais e incluso, si se dera o caso, afrontar responsabilidades civís ou penais.
↓ MÁIS INFORMACIÓN PREMENDO AQUÍ