Flexibilízanse de novo as medidas establecidas pola declaración do estado de alarma nas unidades territorias que pasan á fase 1 ou 2.
Toda a Comunidade Autónoma de Galicia pasa á fase 2 desde o luns 25 de maio.
Nos comercios aumenta o aforo do 30 ao 40%.
Os locais de hostalería poden comerzar a atender clientes no interior reducindo o aforo ao 40% e servindo solo en mesas, estando totalmente prohibido o servizo en barra. Así mesmo deberase manter a distancia recomendada de 2 metros entre as mesas.
Tamén poden abrir ao público as zonas comúns nos hoteis e aloxamentos turísticos mantendo o aforo a un tercio do aforo máximo e mantendo as medidas establecidas para a hostalería e a restauración.
En canto á mobilidade, seguiremos sen poder movernos de provincia agás por causas xustificadas ou de forza maior.
↓ MÁIS INFORMACIÓN PREMENDO AQUÍ