¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312   Asóciate xa
Canal ético

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

Posicionamento da Sociedad Española de Sanidad Ambienta sobre o uso do ozono e do dióxido de cloro .

 
 
 

En España existen virucidas autorizados e rexistrados (Ministerio de Sanidade) con demostrada eficacia fronte ao Covid-19. Algúns poden ser utilizados polo público en xeral e outros son para o uso de Empresas de Limpeza.

O resto de produtos biocidas, e dicir, os autorizados para ser utilizados por persoal profesional e por persoal profesional especializado, requiren coñecemento e/ou capacitación establecida na normativa sanitaria. Estes produtos son utilizados por Empresas de Servizos Biocidas a terceiros inscritas no Rexistro Oficial de Servizos Biocidas das Comunidades Autónomas (ROESB).

Tamén poden utilizar estes produtos as Unidades NBQ das Forzas Armadas e a Unidade Militar de Emerxencias, que foron expresamente autorizados polo Ministerio de Sanidade mentres se manteña o estado de alarma.

O ozono e o dióxido de cloro estanse utilizando como virucidas sen estar contrastado que o sexan, o que pode supoñer unha falsa sensación de seguridade.

O ozono encóntrase en revisión pola Axencia Europea de Produtos Químicos e é unha sustancia oxidante xerada in situ que ten numerosas aplicacións industriais pero que, ao non ter sido avaliada aínda pola Unión Europea para o se uso como desinfectante de uso ambiental, non se ten coñecemento das doses necesarias para garantir a súa eficacia como virucida e dos efectos para a saúde que estas concentracións poden desencadear.

O dióxido de color é bactericida e funxicida pero non virucida. Non se atopa na Listaxe de produtos virucidas autorizados en España polo Ministerio de Sanidade e non pode utilizarse como tal.

Por todo isto, a Sociedade Española de Sanidade Ambiental desaconsella o uso de ozono e dióxido de cloro na desinfección de aire e superficies fronte ao Coronavirus.

 

↓ MÁIS INFORMACIÓN PREMENDO AQUÍ