Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312 Asóciate xa Canal ético Español ES | Galego GL

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

Rianxo Namora: a ruta do amor polo comercio local

 Os negocios de Rianxo únense nun xogo con códigos QR para celebrar o amor polo comercio local e sortear premios entre quen complete a ruta.

A iniciativa céntrase na ruta do amor, un percorrido polos negocios participantes no que se poderá xogar, responder preguntas e participar nun sorteo final.

En que consiste a ruta do amor?

En distintos negocios de Rianxo haberá 6 códigos QR diferentes, situados maioritariamente nos escaparates ou en espazos accesibles ao público. Ao escanealos co móbil, accederase a unha pregunta relacionada con parellas coñecidas da cultura popular.

Cada un dos 6 códigos QR corresponde a unha pregunta distinta. O obxectivo é completar a ruta respondendo correctamente ás seis preguntas dispoñibles.

O progreso gárdase no propio dispositivo móbil, polo que non é necesario rexistrarse nin descargar ningunha aplicación.

Como participar?

  • Localiza os negocios adheridos á campaña.

  • Escanea os 6 códigos QR dispoñibles.

  • Responde ás preguntas para avanzar na ruta do amor.

  • Unha vez completada a ruta, poderás participar no sorteo.

Sorteos

Entre todas as persoas que completen correctamente a ruta do amor sortearanse:

  • 2 ceas para dúas persoas, valoradas en 50 € cada unha.

  • 2 vales de 20 € para gastar nos negocios participantes.

  • 2 packs de agasallos da ARE.

 

 

BASES LEGAIS

  • Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos.

  • A participación será válida unha vez completada correctamente a ruta do amor e rexistrados os datos solicitados ao finalizar a mesma.

  • Só se admitirá unha participación por persoa.

  • A campaña desenvolverase do venres 6 de febreiro ata as 12:00 p.m.  do 20 de febreiro de 2026.

  • O sorteo realizarase o venres 20 de febreiro de 2026.

  • Os premios deberán utilizarse nos establecementos asociados á ARE, dentro do prazo que se estableza no momento da entrega.

 CONSULTA AS BASES COMPLETAS DO SORTEO AQUÍ

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar