Do 16 ao 31 de xullo estará aberta ao público unha mostra de títeres nos escaparates do comercio local coa que se pretende dar a coñecer o festival e integrar os cristovos na cotidianidade da vila. A proposta valoriza pezas históricas de diferentes compañías de títeres do país e pon de relevo a importancia do comercio local como axente de dinamización social e cultural para a comunidade. Na mesma poderán verse bonecos das seguintes compañías:
- Títeres Babaluva
- Títeres Alakrán
- Trécola Producións
- Os Monicreques de Kukas
- Viravolta Títeres
A exposición pode verse nos seguintes locais comerciais do Concello de Rianxo:
- 1. Don Dino
- 2. Nenis
- 3. Papelería Ben
- 4. Costuras para soñar
- 5. Zapaterías Marty
- 6. Librería Cándido
- 7. Peluquería Imperial
- 8. Pasarela Boutique
- 9. Farmacia Javaloy
- 10. Centro veterinario
- 11. Agua Estilistas
- 12. Electrodomésticos O César
- 13. Material de construción Luis Vidal (Araño)
- 14. Ferretería Aurora (Asados)
- 15. Peluquería de caballeros David (Taragoña)
Xogo: Á procura de Lupe
Para fomentar ás visitas á exposición organizamos o xogo “Á procura de Lupe” no que as persoas participantes deberán percorrer os diferentes escaparates e atopar neles a Lupe, a protagonista do cartel do festival, para entrar nun sorteo de produtos locais.
O xogo consiste en atopar a Lupe (imaxe da parte superior desta noticia), a protagonista do cartel do festival deste ano, polos escaparates nos que se desenvolve a mostra de títeres. Se es capaz de descubrir o seu agocho nun mínimo de 8 locais poderás entrar nun sorteo de produtos locais e camisetas do festival .
Como participar:
- 1- Recolle nas tendas participantes a folla de participación.
- 2- Percorre os escaparates na procura de Lupe. En cada un deles tes que descubrir o seu agocho e indicalo na folla de participación.
- 3- Unha vez que teñas cubertas as túas respostas e os datos persoais introduce a folla de participación nas urnas habilitadas para a ocasión nos establecementos colaboradores.
- 4- Poderás participar entre o 16 de xullo e o 2 de agosto
- 5- O sorteo realizarase o 3 de agosto. Os premios poderán recollerse a partir desa data nos locais de ARE
- 6- Cómpre que as follas recollan un mínimo de 8 agochos para participar no sorteo
- 7- As persoas agraciadas ceden os seus dereitos de imaxe para a publicación de informacións sobre a promoción.
- 8- A organización do sorteo porase en contacto coas persoas agraciadas mediante o medio facilitado nos boletíns de participación.
- 9- No caso de non conseguir contactar coas persoas gañadoras nun prazo de 48 horas, repetirase o sorteo do lote correspondente.
- 10- As identidades das persoas gañadoras daranse a coñecer a través das redes sociais e webs do festival Titiriberia, da Asociación Morreu o Demo e da ARE.
- 11- Os datos persoais recollidos ao abeiro deste certame terán como único fin a xestión do mesmo. Non se realizarán comunicacións comerciais nin de ningún tipo a partir dos mesmos.
- 12- A base para o tratamento dos datos é o consentemento da persoa interesada en participar no concurso. Estes conservaranse o tempo de realización do sorteo e a entrega de premios, e de xeito indefinido, mentres non se solicite a súa supresión, nas Redes Sociais das entidades organizadoras.
- 13- A participación no certame implica a aceptación destas bases.