A Orde SND/422/2020 publicada no BOE do 20 de maio regula as condicións para o uso obrigatorio da mascarilla durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
Segundo esta orde, desde o xoves 21 de maio, será obrigatorio o uso de mascarilla na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se encontre aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de ao menos 2 metros.
Esta obriga afecta a todas as persoas de 6 anos en diante salvo nos seguintes supostos:
- Persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratorio que poida verse agravada polo uso da mesma.
- Persoas nas que o uso de mascarilla resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificado ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
- Persoas que realicen actividades nas que, pola súa propia natureza, resulten incompatibles co uso da mascarillas.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
A Orde indica que as mascarillas a utilizar serán preferiblemente hixiénicas ou cirúrxicas.
Con respecto á compra e o uso correcto de mascarillas o Ministerio de Consumo elaborou unha guía que podedes consultar premendo no enlace seguinte.
↓ MÁIS INFORMACIÓN PREMENDO AQUÍ