Teléfono: 628 486 075 / 981 866 312 Asóciate xa Canal ético Español ES | Galego GL

https://www.facebook.com/are.rianxohttps://www.instagram.com/are.rianxo/?hl=es

CAMPAÑA DÍA DO PAI

Sorteamos un vale de 50 €

 
 
 

 

NEGOCIOS PARTICIPANTES:

Nesta campaña participan todos os asociados á ARE, podes consultar o mapa de establecementos participantes nesta ligazón:

https://are.gal/Asociados/

 

 

 

Introduce os teus datos:

 
 
 



···

BASES LEGAIS

Campaña Día do Pai – ARE Rianxo

Mecánica da campaña

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) organiza unha campaña con motivo do Día do Pai para fomentar as compras no comercio local de Rianxo. Durante a campaña sortearanse 100 € en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á ARE.

Existen dúas formas de participar.

Rexistro de tickets
Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que realicen compras en calquera dos negocios asociados á ARE. Para participar deberán rexistrar os seus tickets ou facturas de compra mediante a aplicación dispoñible na web www.are.gal, accedendo directamente á web ou a través do código QR do cartel da campaña. Entre todas as persoas participantes nesta modalidade sortearase 1 vale de compra por valor de 50 €.

Participación en Instagram
Tamén se poderá participar a través de Instagram seguindo a conta @are.rianxo, mencionando a un amigo ou amiga no post do sorteo e compartindo o post do sorteo nas historias. Entre todas as persoas que cumpran estas condicións sortearase 1 vale de compra por valor de 50 €. Os vales deberán gastarse nos establecementos asociados á ARE.

Datas

A campaña desenvolverase ata o 25 de marzo de 2026. O sorteo realizarase o 25 de marzo de 2026 entre todas as persoas participantes. As persoas gañadoras deberán recoller o premio no prazo indicado pola organización. No caso de que a persoa gañadora sexa menor de idade, deberá acudir acompañada pola súa nai, pai ou titor/a legal para a recollida do premio.

Condicións de participación

A participación na campaña implica a aceptación total destas bases. A aceptación do premio supón o consentimento expreso e a autorización á entidade organizadora e aos establecementos asociados para utilizar o nome e imaxe das persoas gañadoras con fins publicitarios e promocionais. A organización resérvase o dereito de modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña se as circunstancias así o requiren.

Protección de datos

De conformidade coa normativa vixente de protección de datos, comunícase que os datos que poidan solicitarse ás persoas participantes utilizaranse unicamente para a xestión da campaña e a comunicación das persoas gañadoras.

CONSULTAR AS BASES COMPLETAS DA CAMPAÑA